Órzalle aí
A ENCRUCILLADA ENTRE O MUNDO DA EDUCACIÓN NO TEMPO LIBRE E O PATRIMONIO MARÍTIMO FLUVIALSINGRADURAS DE VERÁN DA DXXS
Xa está aberto o prazo de inscrición nas 2 Singraduras en Embarcacións Tradicionais que organiza a DXXS da Xunta de Galicia, dentro das Actividades de Verán para persoas de 18-35 anos.
RUTA NORTE: 23-30 de Xullo. Sinas-O Grove-Pedras Negras-Ons-Portonovo.
RUTA SUR: 6-13 de Agosto. Bueu-Aldán-Cíes-Cangas-Moaña. Prezo: 160 € Máis información: http://www.xuventude.net
ACD DORNA EN VILAXOÁN
Comezou o traballo de posta a punto das embarcacións da ACD Dorna na nave de Vilaxoán
AGALCARI, a Asociación Galega de Carpintería de Ribeira ven de estrear páxina web. Noraboa a tódalas persoas que fixeron posible esta iniciativa e agardamos sexa o comezo dun proceso de activación dun Patrimonio Cultural sen o cal non se podería entender este curruncho do mundo chamado Galicia
XUNTANZA BLOGUEIRA
O 4 de outubro hai unha Xuntanza Blogueira coincidindo coa Regata do Marisco do Grove.
A SINGLADURA NO BLOG
No blog da Asociación Dorna temos a singladura feita no pasado verán, con relatos do que aconteceu día a día e moitas fotiñas.
CAMPO DE TRABALLO EN MOAÑA
Un ano máis en Moaña, coa colaboración da Asociación Sueste e dentro da Campaña de Verán da DXXS da Xunta de Galicia, vanse celebrar 2 Campos de Traballo sobre Embarcacións Tradicionais. Pouca información a maiores se pode dar pois a existente é a mesma do ano pasado, e seguramente algunha cousiña mudou.
Serán 2 quendas, a primeria quincena de agosto para persoas de 25-30 anos e a segunda para persoas de 18-24 anos. Custa 72 euros, aloxamento e manutención incluida.
FIN DE SEMANA NO NAUJA
Dentro das actividades da Campaña de Verán da DXXS da Xunta de Galicia, organízanse unhas fins de semana a bordo do Nauja, partindo do Grove.
A actividade costa 92 euros (todo incluido) e é para persoas de 18-35 anos, durantes as fins de semana de agosto e algunhas de xullo. Para máis información: www.xuventude.net