Órzalle aí

A ENCRUCILLADA ENTRE O MUNDO DA EDUCACIÓN NO TEMPO LIBRE E O PATRIMONIO MARÍTIMO FLUVIAL

Arquivo de Novembro, 2007

AC Dorna en Interactuando no Tempo Libre

Durante a fin de semana do 5-7 outubro no Albergue Xuvenil de Gandario celebráronse as 9ª Xornadas de Interactuando no Tempo Libre.

Dentro do espazo reservado ás comunicacións, tivemos o pracer de contar coa xente da Escola de Vela Tradicional da Asociación Dorna da Illa d’Arousa para nos falar da súa experiencia nestes últimos anos.

Anúncios

DE CRUCEIRO POLAS RÍAS GALEGAS

Durante unha semana mozos e mozas de entre 18 e 30 anos iniciáronse na navegación en cruceiro de vela pola Ría d’Arousa.

Esta actividade enmarcouse na Campaña de Verán 2007, que é organizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Xunta de Galicia

TRAVESÍA EN EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS

Durante unha semana mozas e mozos de entre 18 e 30 anos percorreron as diferentes rías da provincia de Pontevedra, adicando as mañás á navegación en dorna e as tardes a actividades de tempo libre.

Esta actividade enmarcouse na Campaña de Verán 2007, que é organizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Xunta de Galicia.

Sorteo Cultura Mariñeira da Amizade Galego-Portuguesa

Un grupo de blogueiros galegos e portugueses, unidos polo amor ao mar, acaban de por a andar unha iniciativa moi interesante e certamente novidosa, o Sorteo Cultura Mariñeira da Amizade Galego-Portuguesa.
O sorteo pretende transmitir que un aspecto destacado da cultura mariñeira é a amizade entre os pobos, o respeto e o coñecimento mutuos a través do mar.
Para participar é requisito ser blogueiro e comentar, antes do 31 de decembro de 2007 e en calquera das linguas oficiais da península, nun dos blogs promotores:

(Esta pode ser a ocasión de abrir ese blog no que levas pensando tanto tempo)

A seguir pódese ver o regulamento en galego e portugués, onde se explica todo o necesario para participar e os premios para os participantes.

REGULAMENTO DO SORTEO CM DA AMIZADE GALEGO-PORTUGUESA

1. Obxectivo

A divulgación da Cultura Marítima e do patrimonio material e inmaterial marítimo que nos teñen legado as comunidades mariñeiras así como o mar como medio natural, é a motivación que nos move, como administradores de blogues de temática marítima, a promover o Sorteo Cultura Mariñeira da Amizade Luso-Galega. Temos como principal obxectivo transmitir que un aspecto destacado da cultura mariñeira é a amizade entre os pobos, o respeto e o coñecimento mutuos a través do mar e, em particular, dos pobos galego e portugués.

2. Libros a sortear

2.1. Sorteamos os seguintes libros en galego:

o «O Patrimonio Marítimo de Galicia», de Dionisio Pereira. Editora FGCMF Oferta da Federación Galega da Cultura Marítima e Fluvial. Exemplar con dedicatoria e asinatura do autor.
o «Lanchas e Dornas», de Staffan Mörling. Editora Xunta de Galicia. Oferta da Libraría Sisargas
o «A Odisea», de Homero. Editora Toxosoutos. Oferta da Libraría Sisargas.
o «O bote polbeiro de Bueu», de Fidel Simes . Editora Xunta de Galicia. Oferta do Grupo de Cultura Mariñeira da Asociación Cultural O Xeito.

2.2. Sorteamos os seguintes libros en portugués:

* «Cais e Navios de Lisboa», de Luís Miguel Correia. Oferta do Autor. Exemplar con dedicatoria e asinatura do autor.
* «História do Batel Vae com Deus», de Raúl Brandão, Editora Edieum. Oferta da Livraria Luso-Galáica «Orfeu».
* «A noite abre meus olhos», de José Tolentino Mendonça, Editora Orfeu. Oferta da Livraria Luso-Galáica «Orfeu».
* «A Campanha do Argus, de Alain Villiers. Oferta de Mar Adentro Ventosga.

3. Participantes

Integran o sorteo os administradores de blogues escritos em calquera das línguas oficiais dos pobos da Península Ibérica, que participen realizando comentarios nos blogues promotores. O dereito a un boleto para o sorteo adquírese pola participación en cada un dos blogues promotores, ata un máximo permitido de seis boletos. Aos agraciados seranlles remitidos os libros ao enderezo postal que indiquen. O espazo xeográfico no que se desenvolve a iniciativa é a Península Ibérica, sen prexuizo de valorarmos a posibilidade de ampliar o ámbito territorial do sorteo en función das solicitudes recibidas e do eventual aumento dos gastos de envio que esto implique.

4. Período de participación

O período de obtención de boletos de participación decorre desde a publicación do presente Regulamento en cada blogue promotor ata o 31 de Decembro de 2007 (inclusive), realizándose o sorteo na segunda semana de 2008 no local das librarías promotoras a través do sistema da «man inocente», garantizando os responsables da libraría e dos blogues promotores a correcta realización do mesmo.

5. Libros en Língua Portuguesa

Sortearanse os libros en Língua Portuguesa entre os blogueiros que teñan participado nos blogues galegos en: Libraría Luso-Galáica «Orfeu», de Joaquim Pinto da Silva, en Bruxelas. Rue du Taciturne, 43 Willem de Zwijgerstraat Bruxelles/Brussels 1000 Belgique/België. Tfno: +32(0)27350077. Bitácora: http://www.orfeu.net

6. Libros en Língua Galega

Sortearanse os libros en Língua Galega entre os blogueiros que teñan participado nos blogues portugueses na: Libraría Sisargas, de Roberto Castro, en Rúa Curros Enriquez, 9 15002 A Coruña Galiza Tfno: +34(0)981200082. Correo Electrónico: libreriasisargas@gmail.com

7. Blogueiros promotores:

Sailor Girl, do Blogue «Atlântico Azul»

Luis Miguel Correia, do «Blogue dos Navios e do Mar»

João Veiga, do Blogue «Mar Adentro-Ventosga»

O Fartura, do Blogue «Singradura da Relinga»

Manuel, do Blogue «Homes de Pedra en Barcos de Pau»

Lino, do Blogue «Amigos da Dorna Meca».

8. Blogueiros adheridos:

Adquiren o estatuto de blogueiro adherido ao Sorteo CM da Amizade Galego-Portuguesa todos aqueles que nos seus blogues publiquen unha entrada co presente Regulamento e inclúan as ligazóns dos blogues promotores nas súas recomendacións, comunicándollo a Sailor Girl e a O’Fartura, o que lles confire o dereito á obtención de sete boletos suplementarios de participación no Sorteo.

Amigas e amigos, ata o 31 de decembro do 2007 administrar un blog e navegar participando activamente nos blogs promotores do Sorteo CM da Amizade Luso-Galega da dereito a premios!….Sen máis recibe un abrazo mariñeiro.

Anímate a participar e sorte!!!…

REGULAMENTO DO SORTEIO CM DA AMIZADE GALEGO-PORTUGUESA

1. Objectivo

A divulgação da Cultura Marítima e do património material e imaterial marítimo que nos têm legado as comunidades marinheiras assim como o mar como meio natural, é a motivação que nos move, como administradores de páginas electrónicas de temática marítima, a promover o Sorteio Cultura Marinheira da Amizade Luso-Galega. Temos como principal objectivo transmitir que um aspecto destacado da cultura marinheira é a amizade entre os povos, o respeito e o conhecimento mútuos através do mar e, em particular, dos povos galego e português.

2. Livros a sortear

2.1. Sorteamos os seguintes livros em galego:

o «O Patrimonio Marítimo de Galicia», de Dionisio Pereira. Editora FGCMF Oferta da Federación Galega da Cultura Marítima e Fluvial. Exemplar com dedicatória e assinatura do autor.
o «Lanchas e Dornas», de Staffan Mörling. Editora Xunta de Galicia. Oferta da Libraría Sisargas.
o «A Odisea», de Homero. Editora Toxosoutos. Oferta da Libraría Sisargas.
o «O bote polbeiro de Bueu», de Fidel Simes . Editora Xunta de Galicia. Oferta do Grupo de Cultura Mariñeira da Asociación Cultural O Xeito.

2.2. Sorteamos os seguintes livros em português:

* «Cais e Navios de Lisboa», de Luís Miguel Correia. Oferta do Autor. Exemplar com dedicatória e assinatura do autor.
* «História do Batel Vae com Deus», de Raúl Brandão, Editora Edieum. Oferta da Livraria Luso-Galáica «Orfeu».
* «A noite abre meus olhos», de José Tolentino Mendonça, Editora Orfeu. Oferta da Livraria Luso-Galáica «Orfeu».
* «A Campanha do Argus, de Alain Villiers. Oferta de Mar Adentro Ventosga.

3. Participantes

Integram o sorteio os administradores de páginas electrónicas escritas em qualquer das línguas oficiais dos povos da Península Ibérica, que participem realizando comentários nos blogues promotores. O direito a um boletim para o sorteio adquire-se pela participação em cada um dos blogues promotores, até a um máximo permitido de seis boletins. Aos agraciados ser-lhes-ão remetidos os livros para o endereço postal que indicarem. O espaço geográfico em que se desenvolve a iniciativa é a Península Ibérica, sem prejuízo de valorarmos a possibilidade de ampliar o âmbito territorial do sorteio em função dos pedidos recebidos e do eventual aumento dos gastos de envio que tal implique.

4. Período de participação

O período de obtenção de boletins de participação decorre desde a publicação do presente Regulamento em cada blogue promotor até 31 de Dezembro de 2007 (inclusive), realizando-se o sorteio na segunda semana de 2008 no local das livrarias promotoras através do sistema da «mão inocente», garantindo os responsáveis da libraria e dos blogues promotores a correcta realização do mesmo.

5. Livros em Língua Portuguesa

Os livros em Língua Portuguesa são sorteados entre os bloguistas que tenham participado nos blogues galegos na Libraría Luso-Galáica «Orfeu», de Joaquim Pinto da Silva, em Bruxelas. Rue du Taciturne, 43 Willem de Zwijgerstraat Bruxelles 1000 Belgique. Telefone: +32(0)27350077. URL: http://www.orfeu.net

6. Livros em Língua Galega

Os livros em Língua Galega são sorteados entre os bloguistas que tenham participado nos blogues portugueses na Libraría Sisargas, de Roberto Castro, en Rúa Curros Enriquez, 9 15002, A Coruña, Galiza. Telefone: +34(0)981200082. Correio Electrónico: libreriasisargas@gmail.com

7. Bloguistas promotores:

Sailor Girl, do blogue «Atlântico Azul»

Luis Miguel Correia, do «Blogue dos Navios e do Mar»

João Veiga, do blogue «Mar Adentro-Ventosga»

O Fartura, do blogue «Singradura da Relinga»

Manuel, do blogue «Homes de Pedra en Barcos de Pau»

Lino, do blogue «Amigos da Dorna Meca».

8. Bloguistas apoiantes:

Adquirem o estatuto de bloguista apoiante do Sorteio CM da Amizade Galego-Portuguesa todos aqueles que nas suas páginas electrónicas publiquem uma entrada com o presente Regulamento e incluam as ligações dos blogues promotores nas suas recomendações, comunicando-o a Sailor Girl e a O’Fartura, o que lhes confere o direito à obtenção de sete boletins suplementares de participação no Sorteio.

Amigas e amigos, até 31 de Dezembro do 2007, administrar um blogue e navegar participando activamente nos blogues promotores do Sorteio CM da Amizade Luso-Galega dá direito a prémios!… Sem mais, recebe um abraço marinheiro. Participa e boa sorte!!!…

CAMPO DE TRABALHO DE MOAÑA

Campo de Traballo sobre a recuperación de embarcacións tradicionais. Este proxecto comezou no 2006, ofrecendo 3 quendas nos meses de xullo e agosto, cunha duración de 15 días. A actividade principal deste campo de traballo era recuperar embarcacións tradicionais de pouca eslora, e máis facer velas para outras embarcacións.

Esta actividade enmarcouse na Campaña de Verán 2007, que é organizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Xunta de Galicia.

COMEZA A SINGRADURA

Cando se cumplen 5 anos da incrible singradura galega dun barco chamado Prestige, é chegado o tempo de comezar unha nova experiencia blogueira. Gostaría de que o que hoxe inicia non fique nuns cantos artigos escritos nesta rede de redes, e que isto fose medrando, aos pouquiños. Non hai presas, mais si pausas.