Órzalle aí

A ENCRUCILLADA ENTRE O MUNDO DA EDUCACIÓN NO TEMPO LIBRE E O PATRIMONIO MARÍTIMO FLUVIAL

Arquivo de O Patrimonio Marítimo na Campaña de Verán

SINGRADURAS DE VERÁN DA DXXS

Xa está aberto o prazo de inscrición nas 2 Singraduras en Embarcacións Tradicionais que organiza a DXXS da Xunta de Galicia, dentro das Actividades de Verán para persoas de 18-35 anos.

RUTA NORTE: 23-30 de Xullo. Sinas-O Grove-Pedras Negras-Ons-Portonovo.

 RUTA SUR: 6-13 de Agosto. Bueu-Aldán-Cíes-Cangas-Moaña. Prezo: 160 € Máis información: http://www.xuventude.net

A SINGLADURA NO BLOG

No blog da Asociación Dorna temos a singladura feita no pasado verán, con relatos do que aconteceu día a día e moitas fotiñas.

CAMPO DE TRABALLO EN MOAÑA

Un ano máis en Moaña, coa colaboración da Asociación Sueste e dentro da Campaña de Verán da DXXS da Xunta de Galicia, vanse celebrar 2 Campos de Traballo sobre Embarcacións Tradicionais.  Pouca información a maiores se pode dar pois a existente é a mesma do ano pasado, e seguramente algunha cousiña mudou.

Serán 2 quendas, a primeria quincena de agosto para persoas de 25-30 anos e a segunda para persoas de 18-24 anos. Custa 72 euros, aloxamento e manutención incluida.

 

FIN DE SEMANA NO NAUJA

Dentro das actividades da Campaña de Verán da DXXS da Xunta de Galicia, organízanse unhas fins de semana a bordo do Nauja, partindo do Grove.

A actividade costa 92 euros (todo incluido) e é para persoas de 18-35 anos, durantes as fins de semana de agosto e algunhas de xullo. Para máis información: www.xuventude.net

TRAVESÍA EN EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS

Dentro das actividades da Campaña de verán da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, organízanse 2 quendas da Travesía en Embarcacións Tradicionais, unha do 23 ao 30 de xullo (rías de Arousa e Pontevedra) e outra do 6 ao 13 de agosto (rías de Pontevedra e Vigo).

Son actividades para persoas de entre 18 e 35 anos e custan 152 €. Máis información en www.xuventude.net

AC Dorna en Interactuando no Tempo Libre

Durante a fin de semana do 5-7 outubro no Albergue Xuvenil de Gandario celebráronse as 9ª Xornadas de Interactuando no Tempo Libre.

Dentro do espazo reservado ás comunicacións, tivemos o pracer de contar coa xente da Escola de Vela Tradicional da Asociación Dorna da Illa d’Arousa para nos falar da súa experiencia nestes últimos anos.

DE CRUCEIRO POLAS RÍAS GALEGAS

Durante unha semana mozos e mozas de entre 18 e 30 anos iniciáronse na navegación en cruceiro de vela pola Ría d’Arousa.

Esta actividade enmarcouse na Campaña de Verán 2007, que é organizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Xunta de Galicia