Órzalle aí

A ENCRUCILLADA ENTRE O MUNDO DA EDUCACIÓN NO TEMPO LIBRE E O PATRIMONIO MARÍTIMO FLUVIAL

TRAVESÍA EN EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS

Dentro das actividades da Campaña de verán da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, organízanse 2 quendas da Travesía en Embarcacións Tradicionais, unha do 23 ao 30 de xullo (rías de Arousa e Pontevedra) e outra do 6 ao 13 de agosto (rías de Pontevedra e Vigo).

Son actividades para persoas de entre 18 e 35 anos e custan 152 €. Máis información en www.xuventude.net

BAIXO AS ONDAS e DA AREA GORDA AO MAR MAIOR

A Dirección Xeral de Xuventude promove desde hai tres anos o programa Augamar. Para saber de qué vai, dialogamos co seu director xeral, Rubén Cela, e co presidente da Coordinadora de Estudos de Mamíferos Mariños, Alfredo López.

“Dous subprogramas
Baixo as ondas: de 18 a 30 anos, fin de semana no mar, no Nauja,
desde O Grove, pasan polas Ons, Sálvora… convivencia no mar.
Da area gorda ao mar maior: de 14 a 18, de luns a venres no albergue das Sinas,
en Vilanova de Arousa. grupos escolares
Diferentes colexios, integración, vivencia,
valorización do contorno mariño como recurso social, económico e cultural,
potenciamento do voluntariado

GRUMETES NO MUSEO DE PONTEVEDRA

O Museo de Pontevedra organiza a partir do 13 de marzo o obradoiro gratuito Para ser grumete. Impartido por José Manuel Castaño García, responsable do seu Gabinete Didáctico, está dirixido a persoas de calquera profesión ou nivel de estudos interesadas en realizar actividades relacionadas co mundo das descubertas e viaxes oceánicas (s.s. XV-XIX).
Como complemento da actividade realízase unha navegación nun barco da Asociación “Os Galos” de Bueu.

NOVO BLOG DE AC DORNA

Eis o novo blog da Asociación Cultural Dorna

REGATAS CON CHAPAS

A Ludochapa é unha ludoteca móbil de xogos con chapas que xa leva funcionando uns aniños. Agora andamos enredando co facer unha variante das populares carreiras de chapas, transformando as chapas en embarcacións tradicionais para poder facer regatas e diversas singladuras.

AC Dorna en Interactuando no Tempo Libre

Durante a fin de semana do 5-7 outubro no Albergue Xuvenil de Gandario celebráronse as 9ª Xornadas de Interactuando no Tempo Libre.

Dentro do espazo reservado ás comunicacións, tivemos o pracer de contar coa xente da Escola de Vela Tradicional da Asociación Dorna da Illa d’Arousa para nos falar da súa experiencia nestes últimos anos.

DE CRUCEIRO POLAS RÍAS GALEGAS

Durante unha semana mozos e mozas de entre 18 e 30 anos iniciáronse na navegación en cruceiro de vela pola Ría d’Arousa.

Esta actividade enmarcouse na Campaña de Verán 2007, que é organizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Xunta de Galicia